San Roque 2017 - Betanzos - martes, 15 de agosto

  • 10:00 Ciclismo ii trofeo Festas de San Roque.
  • 12:00 Badaladas e repenique de campás na torre municipal. Salva de vinte e unha bombas de ordenanza.
  • 18:30 Saída da comitiva da raíña infantil das festas do edificio Liceo. Formarán parte dela a Escola Municipal de Folclore e o Grupo Azougue; o grupo de gaitas Os Brigantinos; as Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo con danzas de adultos e infantís de mariñeiros e labradores; a raíña infantil das Festas e a súa corte, formada polas damas de honra e os acompañantes; a pregoeira, que nesta ocasión será a moza betanceira carmen cartelle barral;a corporación local escoltada pola garda da Policía Local; unha escuadra do rexemento de Betanzos e os alguacís seguidos de personalidades, así como a Banda Municipal de Música. O percorrido transcorrerá pola rúa Emilio Romay, a estrada de Castela, a Porta da Vila, a rúa do Castro e a praza da Constitución.
  • 18:45 Coroación da raíña infantil das Festas San Roque 2017. O alcalde, Ramón García Vázquez, coroará a raíña infantil, a nena betanceira lía maceiras sánchez. Deseguida terá lugar a lectura do pregón infantil das festas. Posteriormente, na Sala Capitular da Casa do Concello, o alcalde e a corporación local ofrecerán unha recepción á pregoeira infantil, á raíña infantil e á súa corte.
  • 19:25 Saída da corporación local. As autoridades e as persoas convidadas, acompañadas pola Banda Municipal de Música, dirixiranse á igrexa de Santa María do Azougue, copatroa da cidade, onde terá lugar unha Misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Betanzos. Tras finalizar esta, a comitiva de grupos folclóricos acudirá en procesión cara á igrexa de san Domingos, e portará a imaxe de Santa María. Logo, a comitiva volverá de novo á Casa do Concello.
  • 23:00 Actuación na praza dos Irmáns García Naveira da orquestra Panorama.