San Roque 2017 - Betanzos - domingo, 20 de agosto

  • 10:00 Piragüismo nas instalacións do Porto de Betanzos, puntuable para a Liga Provincial da Coruña. Está previsto que as probas se desenvolvan toda a mañá ata as 14:00 h, contando coa a participación de 300 deportistas principalmente da provincia, mais con padexeiros de toda Galicia.
  • 11:00 Carreira popular organizada polo Clube de Atletismo As Mariñas que terá lugar polas rúas do casco Histórico betanceiro.
  • 12:00 Torneo de Paintball na zona do Pastempo. Equipos de 5 xogadores/as. Para participar será imprescindible realizar unha inscrición previa na Oficina Municipal de Información Xuvenil.
  • 19:00 No estadio García Irmáns disputarase entre os equipos Betanzos C.F. E u.D. Carral o viii trofeo Cidade de Betanzos de Fútbol.
  • 22:30 Concerto homenaxe a Xosé Neira Vilas. O artista galego que nos ocupa, roi casal presenta o seu espectáculo Son Galego Son Cubano, dedicado a todos e todas as emigrantes galegas a calquera parte do mundo e en especial ás persoas que marcharon á América.