San Roque 2017 - Betanzos - lunes, 14 de agosto

  • 12:00 Badaladas e repenique de campás na torre municipal. Salva de vinte e unha bombas de ordenanza que indicará o inicio das festas patronais do San Roque 2017.
  • 18:30 Trofeo San Roque de Fútbol feminino entre os equipos Betanzos C.F. E r.C. Deportivo da Coruña B, no campo de fútbol do Carregal.
  • 20:15 A comitiva sairá do edificio Liceo. Formarán parte desta a Escola Municipal de Folclore e o Grupo Azougue; o grupo de Gaitas Os Brigantinos; as Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo con danzas de adultos e infantís de mariñeiros e labradores; a agrupación musical "Peña la uva", da localidade de Bullas (Murcia); a raíña das Festas e a súa corte, formada polas damas de honra e os acompañantes; o pregoeiro, que será o maxistrado do Consello Xeral do Poder Xudicial juan manuel fernández martínez, a corporación local, escoltada pola garda da Policía Local e unha escuadra do rexemento de Betanzos; os alguacís seguidos de personalidades e a Banda Municipal de Música. O percorrido transcorrerá pola rúa Emilio Romay, a estrada de Castela, a Porta da Vila e a rúa do Castro ata chegar á praza da Constitución.
  • 20:30 Na praza da Constitución, o alcalde de Betanzos, Ramón García Vázquez, coroará a raíña das festas 2017, a moza betanceira alba pérez medín. Logo terá lugar a lectura do Pregón e a seguir o alcalde disparará o garelazo 2017 e liberaranse pombas que simbolizan a paz e a liberdade. Unha vez rematado este acto, o alcalde e a corporación local ofreceranlle unha recepción ao pregoeiro das festas, á raíña e á súa corte na Sala Capitular da Casa do Concello. Tras finalizar a recepción a comitiva sairá para percorrer de novo as rúas da cidade ata chegar ao edificio Liceo.
  • 23:00 Tributo a dous dos mellores artistas españois dos últimos anos (Joaquín Sabina e Alejandro Sanz). Entre sabina y sanz, nace da fusión de dúas das bandas tributo máis recoñecidas a nivel nacional. "Malas Compañías" (o tributo pioneiro a Joaquín Sabina) e "No es lo mismo" (o tributo a Alejandro Sanz máis recoñecido pola crítica nacional). Eles mesmos definen este tributo conxunto como "Un paseo por la Calle Melancolía con el Corazón Partío".
  • 00:30 Coti.