Festas de San Telmo 2019 - Tui - sábado, 20 de abril

  • 19:00 No Teatro Municipal lectura do Pregón a cargo de D. Carlos Pérez-Fonterosa Antón. Actuación da Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos. Entrada libre até completar capacidade.
  • 20:00 Na sala Xacobeo da Área Panorámica inauguración das exposicións "Surge et ambula. A memoria do Teatro Principal" e "70 anos da escultura de Rosendo Salvado". Do 20 ao 29 de abril. De 11:30h a 14:30h e de 17:00h a 21:30h. Días laborais só en horario de tarde. Entrada de balde.
  • 20:30 Dende o Teatro Municipal até a Praza da Inmaculada, desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados pola Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos.
  • 21:00 Na Praza da Inmaculada acendido do alumeado.
  • 21:15 Na Corredoira representación do espectáculo "Quimera" de Pablo Méndez Performances.
  • 22:30 Na Corredoira concerto de Patricia Moon & banda.