Entroido 2018 - Pontevedra - sábado, 17 de febrero

  • 12:00 Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo, actuación de Foula e Os Alegres.
  • 18:00 Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.
  • 21:00 Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Os 100 Tolos, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo e Os da Caña percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría. Velorio infausto. Cabodano. Das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.