Festa do Banquete 2022 - Conxo - sábado, 21 de mayo

  • 11:00 Baños do Bosque. Actividade inmersiva no Bosque do Banquete de Conxo. A cargo de "Bosques sin Fronteras". Habilítanse 12 prazas por quenda. Inscrición por orde de solicitude a través do correo electrónico bosque@santiagodecompostela.gal. Punto de partida: carballo do Banquete de Conxo.
  • 12:00 Paseo histórico polo Bosque do Banquete de Conxo de 1856. Guiado por Henrique Alvarellos. Inclúe paseo pola aldea e bosque de Pai da Cana. Adaptado a todos os públicos. Idioma: galego. Duración: 75 min aprox. Punto saída/remate: diante da igrexa de Conxo. Inscrición: roteirobanquete@santiagodecompostela.gal
  • 12:30 Roteiro en castelán e inglés polo Banquete de Conxo. Guiado por Susana Domínguez. Inscrición a través do correo electrónico rutabanquete@santiagodecompostela.gal. Punto de partida: csc aurelio Aguirre de Conxo.
  • 17:00 A guerra en Ucraína e a paz. Mesa Redonda conducida por Nuria López, xornalista da crtvg. Intervirán Miguel Cabo Villaverde, profesor de historia contemporánea da usc; Marcos Márquez Blanco, analista internacional, e representantes de aga ucraína e a Plataforma Galiza Pola Paz. Csc aurelio Aguirre de Conxo.
  • 19:00 Concerto da Coral do Psiquiátrico de Conxo xunto coa Coral Amigos do Castiñeiriño, o Coro de Habaneras Rocha Forte e o Coro Crecente. Presentado por Manuel Abraldes, director do Coro Encaixe. Escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo.
  • 20:30 A Festa da Poesía. Conducida por Marga Tojo. Coa participación musical de Bratzantifa, Hugo Guezeta, Su Garrido Pombo e as poetas Nuria Vil, Carlos da Aira e Mariña Maceiras. Praza Aurelio Aguirre.