San Roque 2019 - Betanzos - viernes, 16 de agosto

  • 12:00 Badaladas e repenique de campás na torre municipal. Salva de vinte e unha bombas de ordenanza.
  • 18:00 Competición deportiva No estadio García Irmáns, disputarase a lii edición do Trofeo San Roque de Fútbol.
  • 19:00 Acto relixioso Concentración de conxuntos musicais e artísticos na praza da Constitución para participar no desfile da Función do Voto, que terá lugar na igrexa de San Domingos. A Misa solemne será de novo cantada pola Coral Polifónica de Betanzos. A comitiva oficial, presidida pola alcaldesa partirá da Casa do Concello e formará parte de la a corporación local, as raíñas das festas e as súas cortes de honra, a escuadra do rexemento de Betanzos; a Policía Local; maceiros e alguacís; a Banda Municipal de Música de Betanzos; a Escola Municipal de Folclore e o Grupo Azougue; o grupo de Gaitas Os Brigantinos; mómaros e cabezudos; así como as Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo con danzas de mariñeiros e labradores de maiores e nenas e nenos e o grupo de danzas Virgen de la Antigua de Alberite (A Rioxa). O percorrido terá lugar pola rúa do Castro, a Porta da Vila e a praza dos Irmáns García Naveira ata chegar á igrexa de San Domingos. Ao remate do acto litúrxico, retornarán á praza da Constitución, onde cada agrupación musical e folclórica ofrecerá un tema do seu repertorio.
  • 22:30 Verbena popular A orquestra superfama animará ao público como adianto ao lanzamento do monumental globo de papel. Logo da saída do aeróstato e a correspondente e tradicional queima da fachada de San Roque, así como da sesión de fogos de artificio, novamente a orquestra superfama será a que poña o broche de ouro á noite máis grande das Festas do San Roque, que tan especial é para toda a cidadanía betanceira.
  • 23:30 O Globo de Betanzos A orquestra deixará de soar. Unha bomba de palenque anunciará a saída do Globo de Betanzos desde o cinema Alfonsetti para proceder a inchalo. Rematado o proceso de preparación e inchado, un ano máis, o aeróstato portador da ledicia e o orgullo de toda a cidadanía betanceira, o Globo de Betanzos (o globo de papel máis grande do mundo), atravesará a noite betanceira. Baixo a dirección dos sucesores de Claudino Pita, terá lugar o corte de amarras e o comezo do ascenso do xigante de papel. A tradición verase cumprida un ano máis.

También te pueden interesar: