San Roque 2019 - Betanzos - jueves, 15 de agosto

  • 10:00 Ciclismo. Iv trofeo Festas do San Roque, estrada e circuíto, parque do Pasatempo.
  • 12:00 Continúa a tradición... Badaladas e repenique de campás na torre municipal. Salva de vinte e unha bombas de ordenanza.
  • 18:30 Coroación da raíña infantil das festas Saída da comitiva da raíña infantil das festas do edificio Liceo. Formarán parte de la a Escola Municipal de Folclore e o Grupo Azougue; o grupo de Gaitas Os Brigantinos; as Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo con danzas de mariñeiros e labradores, de maiores, nenas e nenos; o grupo de danzas Virgen de la Antigua de Alberite (A Rioxa); a raíña infantil das festas e a súa corte, formada polas damas de honra e os acompañantes; o pregoeiro, que nesta ocasión será o mozo betanceiro josé varela garcía; a corporación local escoltada pola garda da Policía Local; unha escuadra do rexemento de Betanzos e os alguacís seguidos de personalidades, así como a Banda Municipal de Música. O percorrido transcorrerá pola rúa Emilio Romay, a estrada de Castela, a Porta da Vila, a rúa do Castro ea praza da Constitución.
  • 18:45 Coroación da raíña infantil das Festas do San Roque 2019. A alcaldesa María Barral Varela, coroará a raíña infantil, a nena betanceira aitana campos cupeiro. Deseguida, terá lugar a lectura do pregón infantil das festas. Posteriormente, na Sala Capitular da Casa do Concello, a alcaldesa e a corporación local ofreceranlle unha recepción ao pregoeiro infantil, á raíña infantil e á súa corte.
  • 19:25 Acto relixioso Saída da corporación local. As autoridades e as persoas convidadas, acompañadas pola Banda Municipal de Música, dirixiranse á igrexa de Santa María do Azougue, copatroa da cidade, onde terá lugar unha Misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Betanzos. Tras finalizar a misa, a comitiva de grupos folclóricos acudirá en procesión cara á igrexa de San Domingos e portará a imaxe de Santa María. Logo, a comitiva volverá de novo á Casa do Concello.
  • 23:00 Verbena popular Actuación na Praza dos Irmáns García Naveira da orquestra: Panorama.

También te pueden interesar: