La publicidad la gestiona Google y podría instalar cookies.  De acuerdo.

San Roque 2016 - Betanzos - martes, 16 de agosto

  • 12:00 Badaladas e repenique de campás na torre municipal. Salva de 21 bombas de ordenanza.
  • 19:00 Concentración de conxuntos musicais e artísticos na Praza da Constitución para participar no desfile da Función do Voto que terá lugar na igrexa de San Domingos. A Misa solemne será de novo cantada pola Coral Polifónica de Betanzos. A comitiva oficial, presidida polo alcalde, partirá da Casa do Concello, e formará parte dela a corporación local, as raíñas das festas e as súas cortes de honra, a escuadra do rexemento de Betanzos, a Policía Local, maceiros e alguacís, a Banda Municipal de Música de Betanzos, a Escola Municipal de Folclore e o Grupo Azougue, o Grupo de Gaitas Os Brigantinos, mómaros e cabezudos, así como as Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo. O percorrido terá lugar pola Rúa do Castro, a Porta da Vila e a Praza dos Irmáns García Naveira ata chegar á igrexa de San Domingos. Ao remate do acto litúrxico retornarán á Praza da Constitución, onde cada agrupación musical e folclórica ofrecerá un tema do seu repertorio.
  • 19:00 No estadio García Irmáns disputarase entre os equipos Betanzos cf e Santirso sd a il edición do Trofeo San Roque de Fútbol.
  • 22:30 A orquestra alarma band animará ao público como adianto ao lanzamento do monumental globo de papel. Logo da saída do aeróstato e a correspondente e tradicional queima da fachada de San Roque, así como a sesión de fogos de artificio, novamente a orquestra Alarma Band será quen poña o broche de ouro á noite máis grande das festas do San Roque que tan especial é para todos os betanceiros e betanceiras.
  • 23:30 A orquestra deixará de soar. Unha bomba de palenque anunciará entre a expectación e o nerviosismo de todos os presentes, a saída do Globo de Betanzos do Cinema Alfonsetti para proceder a inchalo.
    Rematado o proceso de preparación e inchado, un ano máis, o aeróstato portador da ledicia e o orgullo de todos os betanceiros e betanceiras por selo, o Globo de Betanzos (o globo de papel máis grande do mundo), atravesará a noite betanceira. Baixo a dirección dos sucesores de don Claudino Pita, terá lugar o corte de amarras e o comezo do ascenso do xigante de papel.
    Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 19:00 h do día 16 e a 01:00 h do día 17 na Praza dos Irmáns García Naveira.

También te pueden interesar: