San Roque 2019 - Betanzos - miércoles, 14 de agosto

  • 12:00 Comezan as Festas do San Roque 2019. Badaladas e repenique de campás na torre municipal. Salva de vinte e unha bombas de ordenanza que indicará o inicio das Festas patronais do San Roque 2019
  • 20:15 Coroación da raíña das festas. A comitiva sairá do edificio Arquivo. Formarán parte desta a Escola Municipal de Folclore e o Grupo Azougue; o grupo de gaitas Os Brigantinos; as Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo con danzas de mariñeiros e labradores de maiores, nenas e nenos; a raíña das festas e a súa corte, formada polas damas de honra e os acompañantes; a pregoeira, que será a presidenta do Centro de Betanzos en Bos Aires beatriz lagoa veiga; a corporación local, escoltada pola garda da Policía Local e unha escuadra do rexemento de Betanzos; os alguacís seguidos de personalidades e a Banda Municipal de Música. O percorrido transcorrerá pola rúa Emilio Romay, a estrada de Castela, a Porta da Vila e a rúa do Castro ata chegar á praza da Constitución.
  • 20:30 Na praza da Constitución, a alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela, coroará a raíña das festas 2019, a moza betanceira paula brea germade. Logo, terá lugar a lectura do pregón e, a continuación, a alcaldesa disparará o garelazo 2019 e liberaranse pombas que simbolizan a paz e a liberdade. Unha vez rematado este acto, a alcaldesa e a corporación local ofreceranlle unha recepción á pregoeira das festas, á raíña e á súa corte na Sala Capitular da Casa do Concello. Tras finalizar a recepción, a comitiva sairá para percorrer de novo as rúas da cidade ata chegar ao edificio Arquivo.
  • 23:00 Actuacións musicais. Praza dos Irmáns García Naveira. Para comezar a noite e quencer motores teremos con nós ao grupo huella que fará versións da música pop-rock española. Todos os temas serán coñecidos pola gran maioría do público o que fará desfrutar a distintas xeracións.
  • 00:30 Praza dos Irmáns García Naveira. Terá lugar esa noite en Betanzos un tributo a un dos grupos máis emblemáticos da música española de todos os tempos. Lo mejor del último, composto entre outros artistas polo baixista e o batería da formación orixinal, deleitarannos cos temas máis famosos de Los Burros, El último de la Fila e Manolo García.

También te pueden interesar: